El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto co concelleiro de cultura, José Antonio Ponte Far, o director artístico do Coro Diapasón, Juan Brage, presentaron hoxe o cuarto ciclo coral internacional de música sacra, que se celebrará na concatedral de San Xiao os días 6, 12 e 20 de abril.
O Gemma Choir de Hungría será o encargado de abrir estes concertos este domingo día 6 de abril ás18.00 horas, dende Cuenca desprazarase o Coro de Cámara Alonso Lobo, que actuará o 12 de abril ás20.00 horas, e será o Coro Diapasón o que peche o ciclo o 20 de abril ás 20.00 horas.
O alcalde agradeceu aos participantes a súacolaboración e implicación neste certame. “Temos a Semana Santa Ferrolana máis importante de España, e enriquémola máis con este ciclo de música sacra”. Rey Varela afirmou que “a música sacra ten un papel fundamental na liturxia”, aotempo que sinalou que “caracterízase por ser unhaarte universal, que chega a todos, independementedas súas crenzas”.
Ferrol é unha cidade moi vinculada á música, serven como exemplo as rondallas e as bandas que acompañan á Semana Santa, que xogan un papel indispensable ao exaltar sentimentos e emocións aopaso das imaxes, dándolle vida a esta festividadetan significativa. “Son parte integral da nosaidentidade como ferroláns”, apuntou o rexedor. “As cancións que escoitaremos están cheas de profundo significado e de espiritualidade”, avanzou o rexedorque enxalzou, ademais, este tipo de música.
O concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, afirmou que “este ciclo é un complemento musical que se converteu en imprescindible na Semana Santa Ferrolana, un ciclo de gran calidade musical cun público moi fiel”. As novidades nesta ediciónvirán da man do organizador, “o coro Diapasón estreará cancións tanto para voces masculinas como femininas”, avanzou o seu director, Juan Brage, aotempo que destacou a calidade do certame “traemos ao coro húngaro Gemma Choir, que está na élite do mundo coral e ofrecerá un concerto variado e aocoro de Cámara Alonso Lobo, dirixido por un dos directores de música sacra máis importante do país”.
Pola súa parte, o presidente da Confraría de Dolores, José Ángel Vázquez, puxo en valor esta iniciativa, “Ferrol é Semana Santa e calquera acto que contribúa a potenciala non só é interesante,senón tamén digno de eloxio”. O párroco da concatedral de San Xiao, Antonio Rodríguez Basanta, afirmou que “a Igrexa intenta sempre servir á sociedade a través da educación da fe, de Cáritas e tamén a través da cultura con iniciativas como este ciclo de música sacra na concateral de San Xiao, que é un símbolo histórico artístico de gran valor”.
Para finalizar o alcalde de Ferrol aproveitou para “invitar á cidadanía a este ciclo que comeza xa odomingo e a adentrarse na Semana Santa Ferrolana coa primeira procesión o próximo 13 abril, Domingo de Ramos”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario